Estela – Arqueoloxía e Patrimonio

  • Escavación arqueolóxica

Arqueoloxía e Patrimonio

A equipa que conforma Estela Arqueoloxía e Patrimonio está especializada en arqueoloxía e máis na xestión integral do patrimonio cultural. Ofertando unha resposta rápida e de calidade para as necesidades específicas dos nosos clientes. En Estela Arqueoloxía e Patrimonio buscamos achegar á sociedade ó patrimonio e viceversa, medievante os nosos servizos de consultoría e asesoría patrimonial, tentamos axilizar e explicar os trámites necesarios para calquera proxecto de índole arqueolóxico-patrimonial.
Grazas ás nosas capacidades técnicas na xestión global do patrimonio, podemos levar a cabo calquera fase da elaboración dun proxecto, dende a búsqueda da “idea”, a redacción do proxecto e máis a execución do mesmo, ofrecendo un compromiso total e un trato directo e cercano. O noso campo de actuación é todo o noroeste peninsular e realizamos traballos de toda índole para clientes variados: promotores privados, construtoras de obra pública, redactores de PXOMs, asociacións, concellos e outras institucións, etc.

Servizos

Arqueoloxía Investigación histórica

En Estela Arqueoloxía e Patrimonio somos conscientes dos ritmos de traballo das obras e tentamos axilizar os trámites así como o noso traballo co mellor equipo de profesionais garantindo unha actuación rápida, de calidade e que xere coñecemento histórico.

Servizos que ofertamos

  • Escavación arqueolóxica
  • Sondaxes valorativas manuais e mecánicas
  • Control arqueolóxico e seguimento de obras
  • Xestión, tratamento e estudo de materiais arqueolóxicos
  • Redacción de plans especiais para zonas de interese histórico
  • Informes Arqueolóxicos
  • Posta en valor de xacementos
  • Prospeccións para PXOMs, avaliacións de impacto, catalogación, etc.
  • Xestión de Sistemas de Información xeográfica aplicados ó patrimonio cultural
  • Inventarios do patrimonio cultural, moble ou inmoble
  • Xestión de toda clase de proxectos arqueolóxico-patrimoniais
  • Estudos xenealóxicos
  • Recollida de historia oral e lendas
  • Patrimonio inmaterial
  • Servizos de búsqueda documental
  • Transcrición de documentos históricos
  • Estudos de recursos turísticos e culturais
  • Informes históricos e artísticos
  • Estudos etnográficos e antropolóxicos, tradicións locais, etc.
  • Investigación histórica de toda índole: dereitos históricos, reclamacións de comunidades de montes, delimitación de camiños históricos, etc.
  • Estudos toponímicos

Boletín de noticias

Se queres manterte ó día das novidades do ámbito arqueolóxico e cultural, subscríbete ó noso boletín de noticias para recibir no teu correo toda a información de interese do noso patrimonio.

Solicita presuposto

Pode enviar a súa solicitude a arqueoloxia@estela.info ou cubrir o seguinte formulario.

Nome

Teléfono

E-mail

Asunto

Descrición do traballo

Contacto

Store Locator

  • Dirección: R/Venezuela nº29 of2, 36203 Vigo, Pontevedra. Estamos presentes nas catro provincias galegas, Lugo, Ourense, Coruña e Pontevedra.
  • Oficina: 986126165
  • Móvil: 677164635
  • Email: arqueoloxia@estela.info

Nome

E-mail

Asunto

Mensaxe

Arquivo adxunto

Comments are closed