Camiño ás estrelas

Entre os próximos 18 e 22 de setembro celébrase en Santiago de Compostela o congreso “Road to the Stars”. Que mellor lugar que o “Campus Stellae” para realizar esta reunión? Nel aglutínanse prestixiosas reunións a nivel internacional dentro do mundo da astronomía cultural, tales como:

As 25 xornadas da SEAC a Sociedade Europea para a Astronomía na Cultura.

A XI edición do “Oxford” Simposio Internacional de Arqueoastronomia.

E as X conferencias INSAP sobre a inspiración do fenómeno astronómico.

Toda unha oportunidade para coñecer as diferentes investigacións en arqueoastronomía. É o teu caso? Tes investigado sobre este tema? Está aberto o prazo para presentar propostas. Só tes que enviar o teu resumo a  jba@iac.es con copia a congreso.seac2017@gmail.com. Tes ata o 28 de febreiro.

Astronomia Compostela

Cartel congreso arqueoastronomia Santiago de Compostela

Máis información:

https://www.roadtothestars.org/

https://twitter.com/seac2017

https://www.facebook.com/Seac2017-1210517269034219/

Comments are closed