Laxe dos Homes

Este grupo de petróglifos situado en Cuntis, foi catalogado nos anos 20 por un dos primeiros investigadores da arte rupestre galega, Ramón Sobrino Buhigas. As dúas figuras representadas son interpretadas como dúas persoas, unha delas do sexo feminino e a outra do masculino.

Os petróglifos prehistóricos, debido á súa antiga cronoloxía (do III ao II milenio a. C.), adoitan presentar uns sucos en forma de “u”, tanto pola erosión sufrida ao longo dos séculos coma polo tipo de instrumento empregado para realizalos, a industria lítica. Por iso este petróglifo foi polémico debido aos sucos en “v”, que poderían evidenciar un gravado máis recente realizado cun instrumento metálico.

Laxe dos Homes, Cuntis

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *