Pola fronteira en dúas rodas.

Torre de Lapela, Arquivo de Galicia

Imaxe: Chamoso Lamas, Arquivo de Galicia

Fai uns días, o Arquivo de Galicia solicitaba no seu facebook a colaboración para identificar a torre desta imaxe. Trátase dunha captura do gran Chamoso Lamas, todo un prócer da arqueoloxía galega, que chegaría a atopar a tumba do bispo Teodomiro nas escavacións realizadas na Catedral de Santiago de Compostela.

A imaxe en cuestión está tomada nun dos extremos de Galicia, no concello de Salvaterra do Miño, en dirección Portugal e se trata da torre de Lapela, un fiel reflexo do pasado medieval da fronteira máis antiga de Europa, a raia húmida. Dende A Guarda ata Crecente, dende Caminha ata Melgaço existe toda unha paisaxe de fortificacións medievales e modernas, maxistralemente estudadas por Rebeca Branco Rotea.

Unha riqueza paisaxística, natural e histórica, bañada polo pai Minho e que temos a sorte de que na beira portuguesa conta cunha ecopista, perfectamente preparada para o tránsito de bicicletas. Acompáñasnos este sábado en cicloruta pola Ecopista, cos compañeiros de Volta?

Comments are closed